Pequeno e discreto conxunto para lucir de noite ou de día. Creado a man en madeira de Sassafras e resina azul neón, as súas formas foron inspiradas nun dos fenómenos máis comúns da Galiza: o orballo. Cárganse coa luz do día (ou cunha bombilla) e brillan baixo a luz ultravioleta. Con peches e pendentes de plata de lei 925 e cordón de coiro. Dimensións: Colgante 3cm. Pendentes 2cm.

Orballo de Neón

25,00€ Regular Price
22,50€Sale Price