Cabizbaixa e pensativa, a irmá maior da nosa colección de lámpadas de deseño "Vagalumes" saille lomba de tanto cargar co peso das súas irmás. Feitiña en madeira de piñeiro, os seus buracos están estratéxicamente colocados pra alumar polos seus catro laterais.Rematado con aceite de linaza pra resaltar a súa veta, e cera-aceite ecolóxica pra protexela e darlle un brillonatural.Leva unha bombilla LED GU10 de baixo consumo, con mando a distancia pra que elixas as cores que mais represente o teu estado de ánimo. Dimensións: altura 55,5cm e base de 14x14cm

Lámpada Vagalumes IV

95,00€Price