A Irmá rebelde da nosa primeira colección de lámpadas de deseño "Vagalumes" Coma se dun/ha fill@ con cresta se tratase, esta saíunos revolucionaria. Nunca lle gustou seguirlle o rego a ninguén e por iso sempre tivo un caracter propio. A súa luz amarela aporta sensación de calor polas súas tres caras. Feita a man en madeira de piñeiro .Leva unha bombilla LED amarela de baixo consumo (A++) e con acabado en aceite-cera totalmente ecolóxico.Dimensións : base 17 x 17 x 18 cm e altura 25cm.

Lámpada Vagalumes II

65,00€Price