Search

O comezo.

Updated: May 24

Comezar un negocio nos tempos que corren pode ser unha actividade de risco: ou vas polo camiño fácil pedindo un crédito ou xa podes ter moitos cartos aforrados,e non era ningunha destas opcións o noso caso.


A nosa historia comezou aló polo 2015; o traballo xa era escaso e andavamos a buscar unha alternativa a estar visitando día si e día tamén as oficinas do inem sen obter ningún resultado, coma cremos que vos pasa a moit@s. A sensación de sair da oficina sen traballo pode ser moi deprimente e incluso che faga pensar que é culpa túa, "craso error", a culpa non é nosa,non eliximos quedarnos no paro senón que nos votan a él coma se foras un xoguete roto que xa non vale.


Que dicir, ainda por riba nos acababamos de mudar de piso pra un que tiña a avoa, sí somos tamén afortunados nise aspecto (pois o aluguer estabase a facer imposibel) e nunha pequena habitación que tiñamos e algúns palets rescatados do lixo xa iamos creando algún moble pro noso novo fogar.


O traballo non acababa de aparecer e inda menos nun pobiño duns 15.000 habitantes no que case todo o mundo traballa na canteira de pizarra, e nós, a verdade, non nos gusta ise traballo e inda menos a pegada ecolóxica que iste conleva. A